Tempo de outono

Detalles

Autora: Concha Pasamar
Ilustradora: Concha Pasamar
Colección: Crizal
ISBN: 978-84-18284-10-6
Edición: 1
Páginas: 36
Dimensiones: 21x28

Autoría

Encuentra el libro en:

Todos tus libros

Un leve cambio na luz da tardiña, o lixeiro estremecemento que causa un sopro de brisa máis fresco, un novo matiz  no ton das follas…: hai pequenos sinais ao noso redor que falan do fluír dos días. No seu murmurio case inaudible ás veces son capaces -abonda con manterse alerta- de guiar a nosa atención cara ao humilde milagre do cotián.

Tempo de outono é un álbum atemporal que percorre a beleza dos momentos aparentemente insignificantes e anima sutilmente a vivilos desde unha mirada atenta ao presente.

Esa consciencia do pequeno que consegue suspender a fugacidade do instante amósase aquí nun breve itinerario polos estímulos e as sensacións que a chegada do outono provoca na protagonista. Os cambios no ambiente e na natureza, que modifican tamén as nosas rutinas cotiás, preséntanse nunha linguaxe poética, con ilustracións nas que as cores se dosifican e acompañan un debuxo solto e expresivo feito a carbón. A paleta cálida e a técnica natural reforzan así formalmente o sentido dos textos que, sen mencionalo, apuntan ao feito de que vivir é un percorrido no tempo, e este non é máis que unha sucesión de pequenos presentes cheos de sentido.